publicado a la(s) 22 nov 2012 8:51 por Juan José Liñares Nieto
[
actualizado el 22 nov 2012 14:13
]
|
A
Asociación Cultural Vista Alegre, convoca o I CONCURSO FOTOGRÁFICO NADAL 2012,
para buscar a portada máis orixinal das postais navideñas deste ano. As bases
son as seguintes:
- Poderán
presentarse todas as persoas, afeccionadas ou profesionais, que non garden
ningún vínculo directo coa Xunta Directiva da Asociación Cultural Vista
Alegre nin con ningún dos membros do xurado.
- O tema
fotográfico será a vila de A Bandeira. Valorarase que o motivo central das imaxes sexa o edificio
do Centro Cultural.
- Cada
participante pode presentar un máximo de 3 obras inéditas.
- As
fotografías serán entregadas en soporte papel e nun formato mínimo de
12x18. As imaxes poden ser en cor, sepia ou branco e negro.
- No reverso
de cada fotografía deberán indicarse tanto o título da mesma como o
seudónimo polo que se identificará cada autor. Nun sobre fechado, co
seudónimo escrito no seu exterior, introduciranse os seguintes datos (nome
e apelidos, idade, dirección, teléfono e correo electrónico).
- As obras
entregaranse en horario de tarde (16:00 a 22:00) no Centro Cultural Vista
Alegre ou enviaranse por correo ordinario ao seguinte enderezo:
I CONCURSO FOTOGRÁFICO NADAL 2012
Asociación Cultural Vista Alegre
r/ Vista Alegre nº16
36570 A Bandeira
(Pontevedra)
- O prazo de
entrega rematará o día 5 de Decembro. Coñecéndose o gañador o día 10 do
mesmo mes a través da páxina web www.asocvistalegre.es.
- Entregarase
un único premio de 150€. A entrega do mesmo será o día 25 de Decembro,
coincidindo coa Celebración dos Actos de Nadal 2012. As fotografías
seleccionadas formarán parte dunha exposición que se realizará ese mesmo
día e no mesmo acto.
- O xurado do
concurso estará formado por tres profesionais da fotografía e do
xornalismo. A decisión do xurado será inapelable.
- A
Asociación Cultural Vista Alegre non se responsabiliza de posibles
reclamacións por dereitos de imaxe e terceiros. Do mesmo xeito, que se reserva o dereito
a divulgar libremente e por calquera medio ou soporte as fotografías que
foran remitidas para a participación no concurso, idenficando sempre ao
autor da mesma.
- O gañador
ou gañadora comprométese a entregar a imaxe dixital nun formato adecuado
para a súa posterior impresión cando a Asociación llo requira.
- O envio de
fotografías supón a total aceptación das bases por parte do/a autor/a.
- O premio
poderá quedar desert en función do número de traballos presentados e a
calidade dos mesmos
|
|
|