Actividades‎ > ‎

Circular Nadal 2.013. Actividades de Nadal.

publicado a la‎(s)‎ 17 dic. 2013 10:47 por Juan José Liñares Nieto

Bandeira a 12 de Nadal de 2013

 

    Estimado-a socio-a, un ano máis chegamos a estas datas tan entrañables que é o Nadal, dende a Asociación Cultural Vista Alegre aproveitamos para felicitarche as Pascuas e tamén informarche das actividades que se van realizar neste Centro Cultural en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Silleda.

 

19/12/2013          20´00 h. Demostración Gastronómica ( A cargo de

Xoves                  Laura Enmanuele).

20/12/2013          20´00 h. Demostración Gastronómica ( A cargo de 

Venres                  Javier Quintáns Couselo, profesor técnico de FP no CIFP         

                            Compostela).

23/12/2013          17´00 Contacontos de Nadal “A Bruxa      

Luns                     Regañadentes”                                   

 

·        FESTA INFANTIL DE PAPA NOEL (25 de Nadal)

Como sempre, Papá Noel visitará de novo a vila de Bandeira. Comezará o seu desfile nunha maxestuosa Carroza que,  a partires das 5´00 h. da tarde,  sairá do Auditorio Manuel Dopazo e percorrerá as principais rúas da Vila, para logo chegar ó Centro Cultural onde entregará un agasallo ós mais cativos. Para rematar, disfrutaremos dunha grandiosa merenda a base de chocolate con churros.

NOTA: Os nenos-as que desexen participar como paxes acompañantes de Papá Nöel, deberán anotarse no Centro Cultural ata o día 18 de Decembro. Prazas limitadas.

 

 

·        CURSIÑO DE PHOTOSHOP (26 e 27 de Decembro)

Programa: Coñecer o fluxo de traballo con Photoshop dende o recoñecemento de posibles erros de imaxes, ao tratamento das mesmas (luz, cor, branco e negro, correción e retoque de retratos) para rematar na súa preparación para exportalas correctamente (formato, resolución)) en función do fin último das mesmas.

Prazo de inscrición: ata o 23 de Decembro, prazas limitadas

Horario: de 18´30 a 21´30 h.

Precio: Gratis para socios ou fillos de socios. Para non socios 10 €

NOTA: Os participantes, terán que ter instalado o programa correspondente no seu ordenador portátil.

 

26/12/2013          18´00 h. Demostración Scalextric

Xoves                 

 

27/12/2013          17´00 Cine Infantil

Venres                

 

02/01/2013          17´00 h. Obradoiro: “Repostería de Nadal”

Xoves                  Dirixida sobre todo aos máis pequenos da casa.

 

03/01/2013          20´00 h. Estreo da Obra de Teatro “A Feira da        Venres                   Bandeira”    

Obra de Teatro dirixida por Cristina Collazo, e interpretada por actores da Vila e arredores

 

NOTA: Xa que o salón de actos do Centro Cultural non ten moita capacidade,  os asistentes, deberán retirar a entrada para esta representación, no Centro Cultural dende o día 17 ata o 30 de Decembro. (Entrada Gratis) 

·        EXPOSICIÓN DO NACEMENTO CON FIGURAS DE PLAYMOBIL

Queremos amosar o noso agradecemento a todas as persoas que nos prestaron as figuras de Playmobil, para poder representar este Nacemento, en especial a Carlos Cid, que foi quen o deseñou e o construeu.

 

·        EXPOSICIÓN DO NACEMENTO TRADICIONAL

Durante as datas de Nadal, na sala de exposicións do Centro Cultural, permañecerá exposto o Nacemeto tradicional que foi elaborado polos membros da Asociación Vista Alegre.

  

NOTA:  Recordámosche que estanse a impartir os seguintes cursiños neste Centro Cultural: Baile Tradicional para maiores, Pintura, Fotografía, Ximnasia Terapeutica, Pilates, Zumba, Informática e Inglés.

 

Tamén che recordamos a nosa páxina web oficial, na que podes consultar as actividades que se realizan, ver fotografías de actos, a historia da Asociación, así como os libros que temos na biblioteca:  www.asocvistalegre.es

 

         Esperando contar coa vosa presencia nestes actos, especialmente a dos nenos, todos os que formamos a Xunta Directiva desta Asociación, queremos desexarvos unhas FELICES FESTAS DE NADAL, e un vindeiro ano 2014, cheo de boas novas.  

A Presidenta 

Asdo: Dolores Sangiao Cacheiro

Comments