Actividades‎ > ‎

Bases II Concurso Fotográfico Nadal 2.013

publicado a la‎(s)‎ 13 nov. 2013 9:53 por Juan José Liñares Nieto

II CONCURSO FOTOGRÁFICO NADAL 2.013

(Bases)

 

 

A Asociación Cultural Vista Alegre, convoca o II CONCURSO FOTOGRÁFICO NADAL 2.013, para buscar a portada máis orixinal das postais navideñas deste ano. As bases son as seguintes:

 

  1. Poderán presentarse todas as persoas, afeccionadas ou profesionais, que non garden ningún vínculo directo coa Xunta Directiva da Asociación Cultural Vista Alegre nin con ningún dos membros do xurado.

 

  1. O tema fotográfico versará exclusivamente arredor do Nadal. As fotografías presentadas que non se axusten a este tema, serán descalificadas.

 

  1. Cada participante pode presentar un máximo de 3 obras inéditas.

 

  1. As fotografías serán entregadas en soporte papel e nun formato mínimo de 20x30, montadas sobre soporte ríxido de 30x40. As imaxes poden ser en cor, sepia ou branco e negro. Os traballos presentados quedarán en posesión da Asociación Vista Alegre.

 

  1. No reverso de cada fotografía deberán indicarse tanto o título da mesma como o pseudónimo polo que se identificará cada autor. Nun sobre fechado, co pseudónimo escrito no seu exterior, introduciranse os seguintes datos (nome e apelidos, idade, dirección, teléfono e correo electrónico).

 

  1. As obras entregaranse en horario de tarde (16:00 a 22:00) no Centro Cultural Vista Alegre ou enviaranse por correo ordinario ao seguinte enderezo:

 

II CONCURSO FOTOGRÁFICO NADAL 2.013

Asociación Cultural Vista Alegre

r/ Vista Alegre nº16

36570 A Bandeira

(Pontevedra)

 

  1. O prazo de entrega rematará o día 5 de Decembro. Coñecéndose o gañador o día 10 do mesmo mes a través da páxina web www.asocvistalegre.es.

 

  1. Entregarase un único premio de 150 €. A entrega do mesmo será o día 25 de Decembro, coincidindo coa Celebración dos Actos de Nadal 2013. As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición que se manterá aberta dende o día 25 de Decembro ata o día 7 de Xaneiro do 2.014.

 

  1. O xurado do concurso estará formado por tres profesionais da fotografía e do xornalismo. A decisión do xurado será inapelable.

 

  1. A Asociación Cultural Vista Alegre non se responsabiliza de posibles reclamacións por dereitos de imaxe a terceiros.  Do mesmo xeito, que se reserva o dereito a divulgar libremente e por calquera medio ou soporte as fotografías que foran remitidas para a participación no concurso, idenficando sempre ao autor da mesma.

 

  1. O gañador ou gañadora comprométese a entregar a imaxe dixital nun formato adecuado para a súa posterior impresión cando a Asociación llo requira.

 

  1. O envio de fotografías supón a total aceptación das bases por parte do/a autor/a.

 

  1. O premio poderá quedar deserto en función do número de traballos presentados e a calidade dos mesmos.
ĉ
Juan José Liñares Nieto,
13 nov. 2013 9:53
Comments