Centro Cultural Vista Alegre
5º CONCURSO DE POSTRES DO OUTONO 2013
BASES
1ª.- Poderán participar neste concurso todas aquelas persoas que o desexen, sexan ou non socios-as da Asociación Cultural Vista Alegre.
2ª.- Non poderán participar neste concurso ningún membro da Xunta Directiva da Asociación Cultural Vista Alegre de Bandeira.
3ª.- Os traballos presentados deberán contar, entre os seus ingredientes, con froitos típicos desta época do ano, como poden ser: Froitos secos (noces, avellanas, castañas), Froitos carnosos (uvas, naranxas mazás, peras, limóns, piñas), Outros (patacas, cabazas, millo, setas)
4ª.- Os postres presentados deberán levar identificados os seus ingredientes.
5ª.- O xurado calificador estará composto por tres persoas: un profesional pasteleiro, unha ama de casa, e a Presidenta da Asociación Cultural Vista Alegre, todos eles con voz e voto. As súas decisións serán inapelables.
6ª.- Os traballos presentaranse nos locais do Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira o día 8 de Novembro de 2013, antes das 19 horas da tarde. Estes traballos virán acompañados dun sobre pechado, dentro deste figurará o nome e datos da persoa ou Asociación que realizou o traballo. Este sobre será numerado e deste xeito ditos traballos permañecerán no anonimato tanto para o xurado como para o público, e os seus autores serán coñecidos cando o xurado remate a deliberación e os sobres abertos.
7ª.- Haberá tres premios diferentes para os tres primeiros postres que, a xuicio do xurado, teñan un mellor sabor e presentación.
8ª.- Ó remate do concurso, tódolos traballos presentados, incluidos os que levaron premios, serán degustados polo público asistente a este Magosto Popular 2013. |
Actividades >