O Mércores 21, a partires das 20´30 h. estades convidados-as a asistir a estas xa tradicionales demostracións gastronómicas que nos poden dar algunha idea para cociñar os mellores menús nestas festas tan sinaladas.
Para que Papá Noel visite o teu fogar o día 24, e lle faga entrega dos agasallos ós máis pequenos da casa, deberás anotarte no Tfno 986 58 55 50 (de 16 a 22 h). O prazo de inscrición remata o Xoves 22.
Como sempre, Papá Noel visitará de novo a vila de Bandeira. Comezará o seu desfile nunha maxestuosa Carroza a partires das 5´00 h. da tarde, sairá do Auditorio Manuel Dopazo e percorrerá as principias rúas da Vila acompañado da Banda Xuvenil de Bandeira, para logo chegar ó Centro Cultural donde entregará un agasallo ós mais cativos. De seguido haberá unha Festa Infantil. Para rematar, disfrutaremos dunha grandiosa merenda a base de chocolate con churros. NOTA: Os nenos-as que desexen participar como paxes acompañantes de Papá Nöel, deberán anotarse no Centro Cultural ata o día 22 de Decembro. Prazas limitadas.
Ás 17´00 h. Os rapaces aprenderán a facer dúas pequenas pezas de cerámica : un colgante e un broche. Terán que modelar o barro para ser prensado sobre os moldes previamente deseñados cos debuxos escollidos. Despois lévanse ó forno dúas veces, unha para ser cocida e outra, unha vez coloreada con esmaltes. Finalmente colócanselle os accesorios para que se poidan utilizar como broches ou como colgantes. * Un pequeno forno de cerámica será levado ó lugar onde se imparta o obradoiro. Os propios rapaces meterán e sacarán as pezas para comprobar o resultado final.
A partires das 17´00 h. da tarde asistiremos a proxección dunha película infantil, que como sempre veremos en pantalla xigante. Tamén a Asociación de Pais BRINCADEIRA, vai realizar as seguintes actividades no Centro Cultural: 27/12/2011 Campionato de Futbolín e Xogos de Mesa Martes 17´30 h. 29/12/2011 Taller Infantil de Manualidades Xoves 17´00 h. 03/01/2012 Taller de Cociña Infantil Martes 17´00 h. 04/01/2012 Teatro de Monicreques (Organiza Concello de Silleda) Mércores 20´30 h. para toda a familia. Estrea da “Fábula Galénica” de Fantoches BAJ |
Actividades >