Actividades

 

               

 

 

       

EXPOSICIÓN DE DISFRACES

publicado a la‎(s)‎ 13 feb. 2015 8:57 por Juan José Liñares Nieto

Inauguración: Venres 23 de xaneiro ás 20:30 horas

Duración: Dende o 23 de xaneiro ao 23 de febreiro

Horario: De luns a venres e de 16:00 a 22:00 horas

A partir do luns 26 de xaneiro, entre as 20:00 e as 21:00 horas e durante todos os días que dure a mostra, teremos proxeccións de antroidos celebrados en anos anteriores.

Esta exposición soamente constará de disfraces confeccionados artesanalmente para os desfiles do antroido, cedidos por particulares para esta ocasión. Agradecemoslle a todos/as os/as que nos poidan prestar algún nolos fagan chegar antes do 22 de xaneiro, para poder expoñelos  debidamente.

Curso de fotografía, nivel básico

publicado a la‎(s)‎ 13 feb. 2015 8:56 por Juan José Liñares Nieto


Cursiño de guitarra

publicado a la‎(s)‎ 13 feb. 2015 8:51 por Juan José Liñares Nieto   [ actualizado el 13 feb. 2015 8:59 ]


Para todos/as os interesados/as en aprender a tocar a guitarra, temos aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro venres 30 de Xaneiro, logo manteremos unha reunión entre todos/as os inscritos para combinar días, horarios e grupos. O profesor encargado de impartir estas clases será Daniel Talquenca.

GRUPO 1: de 8 a 15 anos

GRUPO 2: a partir de 15 anos

Tfno. de contacto: 986 58 55 50 de 16´00 a 22´00 h. de luns a venres.

ACTIVIDADES PREVISTAS PARA O MES DE NOVEMBRO 2014

publicado a la‎(s)‎ 4 nov. 2014 14:12 por Juan José Liñares Nieto   [ actualizado el 4 nov. 2014 14:18 ]

Desde esta páxina pódese descargo o archivo word que permite consultar con detalle as actividades previstas para o mes de novembro.

MAGOSTO POPULAR

publicado a la‎(s)‎ 4 nov. 2014 13:50 por Juan José Liñares Nieto   [ actualizado el 4 nov. 2014 13:52 ]

Centro Cultural Vista Alegre

                  

MAGOSTO POPULAR

 

6º CONCURSO DE POSTRES DO OUTONO

 

                  

 

O ÚNICO REQUISITO É QUE OS POSTRES SEXAN ELABORADOS CON FROITOS TÍPICOS DESTA ÉPOCA DO ANO. DEBERÁN PRESENTARSE NO CENTRO CULTURAL  ANTES DAS 7 h. DA TARDE DO DÍA 14 DE NOVEMBRO DE 2.014. HABERÁ PREMIOS PARA OS TRES PRIMEIROS CLASIFICADOS E UN PREMIO ESPECIAL Á ORIXINALIDADE.

 

DEGUSTAREMOS CASTAÑAS  ASADAS, BOLO PREÑADO, POSTRES ESPECIAIS E VIÑO,

TODO ESTO ACOMPAÑADO POLA MÚSICA DO

“DUO MASTER”

DATA: Venres 14 de Novembro 2.014

 

HORA: A partires das 20´30 h. da noite

 

LUGAR: Centro Cultural “Vista Alegre”

 

ORGANIZA: Asociación Cultural Vista Alegre

 

COLABORA: Concello de Silleda    

Pintores e afeccionados de Bandeira e a súa contorna

publicado a la‎(s)‎ 4 nov. 2014 13:43 por Juan José Liñares Nieto   [ actualizado el 4 nov. 2014 13:52 ]

EXPOSICIÓN COLECTIVA DE PINTURA

“Pintores e afeccionados de Bandeira e a súa contorna”

Rosa Mª Louzao, Olga González, Teresa Caramés, Dolores Sangiao, Mercedes Asorey, Isabel Brey, Teresa Rodriguez, Mercedes Pérez, Josefina Villanueva, Sandra Tejo, Aurora Villanueva, Ramona Seoane, Dosinda Alonso, María Domínguez, Juan Carlos Fernández, Mª Luz González, Juan Liñares

Dende o 7 ao 28 de novembro


      Inauguración: 7 de novembro ás 20:00 horas

      Lugar:  Sala de exposicións do Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira

      Horario de visitas: De luns a venres e de 16:00 a 22:00 horas

Circular Nadal 2.013. Actividades de Nadal.

publicado a la‎(s)‎ 17 dic. 2013 10:47 por Juan José Liñares Nieto

Bandeira a 12 de Nadal de 2013

 

    Estimado-a socio-a, un ano máis chegamos a estas datas tan entrañables que é o Nadal, dende a Asociación Cultural Vista Alegre aproveitamos para felicitarche as Pascuas e tamén informarche das actividades que se van realizar neste Centro Cultural en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Silleda.

 

19/12/2013          20´00 h. Demostración Gastronómica ( A cargo de

Xoves                  Laura Enmanuele).

20/12/2013          20´00 h. Demostración Gastronómica ( A cargo de 

Venres                  Javier Quintáns Couselo, profesor técnico de FP no CIFP         

                            Compostela).

23/12/2013          17´00 Contacontos de Nadal “A Bruxa      

Luns                     Regañadentes”                                   

 

·        FESTA INFANTIL DE PAPA NOEL (25 de Nadal)

Como sempre, Papá Noel visitará de novo a vila de Bandeira. Comezará o seu desfile nunha maxestuosa Carroza que,  a partires das 5´00 h. da tarde,  sairá do Auditorio Manuel Dopazo e percorrerá as principais rúas da Vila, para logo chegar ó Centro Cultural onde entregará un agasallo ós mais cativos. Para rematar, disfrutaremos dunha grandiosa merenda a base de chocolate con churros.

NOTA: Os nenos-as que desexen participar como paxes acompañantes de Papá Nöel, deberán anotarse no Centro Cultural ata o día 18 de Decembro. Prazas limitadas.

 

 

·        CURSIÑO DE PHOTOSHOP (26 e 27 de Decembro)

Programa: Coñecer o fluxo de traballo con Photoshop dende o recoñecemento de posibles erros de imaxes, ao tratamento das mesmas (luz, cor, branco e negro, correción e retoque de retratos) para rematar na súa preparación para exportalas correctamente (formato, resolución)) en función do fin último das mesmas.

Prazo de inscrición: ata o 23 de Decembro, prazas limitadas

Horario: de 18´30 a 21´30 h.

Precio: Gratis para socios ou fillos de socios. Para non socios 10 €

NOTA: Os participantes, terán que ter instalado o programa correspondente no seu ordenador portátil.

 

26/12/2013          18´00 h. Demostración Scalextric

Xoves                 

 

27/12/2013          17´00 Cine Infantil

Venres                

 

02/01/2013          17´00 h. Obradoiro: “Repostería de Nadal”

Xoves                  Dirixida sobre todo aos máis pequenos da casa.

 

03/01/2013          20´00 h. Estreo da Obra de Teatro “A Feira da        Venres                   Bandeira”    

Obra de Teatro dirixida por Cristina Collazo, e interpretada por actores da Vila e arredores

 

NOTA: Xa que o salón de actos do Centro Cultural non ten moita capacidade,  os asistentes, deberán retirar a entrada para esta representación, no Centro Cultural dende o día 17 ata o 30 de Decembro. (Entrada Gratis) 

·        EXPOSICIÓN DO NACEMENTO CON FIGURAS DE PLAYMOBIL

Queremos amosar o noso agradecemento a todas as persoas que nos prestaron as figuras de Playmobil, para poder representar este Nacemento, en especial a Carlos Cid, que foi quen o deseñou e o construeu.

 

·        EXPOSICIÓN DO NACEMENTO TRADICIONAL

Durante as datas de Nadal, na sala de exposicións do Centro Cultural, permañecerá exposto o Nacemeto tradicional que foi elaborado polos membros da Asociación Vista Alegre.

  

NOTA:  Recordámosche que estanse a impartir os seguintes cursiños neste Centro Cultural: Baile Tradicional para maiores, Pintura, Fotografía, Ximnasia Terapeutica, Pilates, Zumba, Informática e Inglés.

 

Tamén che recordamos a nosa páxina web oficial, na que podes consultar as actividades que se realizan, ver fotografías de actos, a historia da Asociación, así como os libros que temos na biblioteca:  www.asocvistalegre.es

 

         Esperando contar coa vosa presencia nestes actos, especialmente a dos nenos, todos os que formamos a Xunta Directiva desta Asociación, queremos desexarvos unhas FELICES FESTAS DE NADAL, e un vindeiro ano 2014, cheo de boas novas.  

A Presidenta 

Asdo: Dolores Sangiao Cacheiro

Bases II Concurso Fotográfico Nadal 2.013

publicado a la‎(s)‎ 13 nov. 2013 9:53 por Juan José Liñares Nieto

II CONCURSO FOTOGRÁFICO NADAL 2.013

(Bases)

 

 

A Asociación Cultural Vista Alegre, convoca o II CONCURSO FOTOGRÁFICO NADAL 2.013, para buscar a portada máis orixinal das postais navideñas deste ano. As bases son as seguintes:

 

  1. Poderán presentarse todas as persoas, afeccionadas ou profesionais, que non garden ningún vínculo directo coa Xunta Directiva da Asociación Cultural Vista Alegre nin con ningún dos membros do xurado.

 

  1. O tema fotográfico versará exclusivamente arredor do Nadal. As fotografías presentadas que non se axusten a este tema, serán descalificadas.

 

  1. Cada participante pode presentar un máximo de 3 obras inéditas.

 

  1. As fotografías serán entregadas en soporte papel e nun formato mínimo de 20x30, montadas sobre soporte ríxido de 30x40. As imaxes poden ser en cor, sepia ou branco e negro. Os traballos presentados quedarán en posesión da Asociación Vista Alegre.

 

  1. No reverso de cada fotografía deberán indicarse tanto o título da mesma como o pseudónimo polo que se identificará cada autor. Nun sobre fechado, co pseudónimo escrito no seu exterior, introduciranse os seguintes datos (nome e apelidos, idade, dirección, teléfono e correo electrónico).

 

  1. As obras entregaranse en horario de tarde (16:00 a 22:00) no Centro Cultural Vista Alegre ou enviaranse por correo ordinario ao seguinte enderezo:

 

II CONCURSO FOTOGRÁFICO NADAL 2.013

Asociación Cultural Vista Alegre

r/ Vista Alegre nº16

36570 A Bandeira

(Pontevedra)

 

  1. O prazo de entrega rematará o día 5 de Decembro. Coñecéndose o gañador o día 10 do mesmo mes a través da páxina web www.asocvistalegre.es.

 

  1. Entregarase un único premio de 150 €. A entrega do mesmo será o día 25 de Decembro, coincidindo coa Celebración dos Actos de Nadal 2013. As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición que se manterá aberta dende o día 25 de Decembro ata o día 7 de Xaneiro do 2.014.

 

  1. O xurado do concurso estará formado por tres profesionais da fotografía e do xornalismo. A decisión do xurado será inapelable.

 

  1. A Asociación Cultural Vista Alegre non se responsabiliza de posibles reclamacións por dereitos de imaxe a terceiros.  Do mesmo xeito, que se reserva o dereito a divulgar libremente e por calquera medio ou soporte as fotografías que foran remitidas para a participación no concurso, idenficando sempre ao autor da mesma.

 

  1. O gañador ou gañadora comprométese a entregar a imaxe dixital nun formato adecuado para a súa posterior impresión cando a Asociación llo requira.

 

  1. O envio de fotografías supón a total aceptación das bases por parte do/a autor/a.

 

  1. O premio poderá quedar deserto en función do número de traballos presentados e a calidade dos mesmos.

Cartel do II Concurso Fotográfico Nadal 2.013

publicado a la‎(s)‎ 13 nov. 2013 9:40 por Juan José Liñares Nieto

I Exposición de fotografía Centro Cultural Vista Alegre

publicado a la‎(s)‎ 31 oct. 2013 15:55 por Juan José Liñares Nieto

Adxuntamos o cartel deste evento.

1-10 of 22